IV Descenso a nado río Tambre
08 août, 2026 à Escola de Piragüismo Outes
- Date de début: 08 août, 2026 - 12:15
- Prix: 25.00€
- Distance: 4800 mètres
- Inscrits: 42 sur 100
-
Fermeture des inscriptions: Dans 10 jours (05 août, 2026 - 23:59, ou jusqu’à épuisement des places)
Réservez vite, places limitées!
- Date de début: 08 août, 2026 - 14:00
- Prix: 08.00€
- Distance: 400 mètres
- Inscrits: 15 sur 50
-
Fermeture des inscriptions: Dans 10 jours (05 août, 2026 - 23:59, ou jusqu’à épuisement des places)
Réservez vite, places limitées!
Résultat: Saisissez un DNI/NIF valide et appuyez sur le bouton Rechercher.
Résultat: Correct. Le DNI/NIF est associé à une inscription valide à l’événement.
Résultat: Erreur. Le DNI/NIF n’est associé à aucune inscription valide à l’événement.
Description
ORGANIZADO pola Escola de Piragüismo e
Tríatlon de Outes e @s Fanequiñas, e coa colaboración do concello de Noia,
concello de Outes, Protección Civil de Noia e Protección Civil de Outes.
A PROBA realizarase nas augas do río Tambre. Consistirá nun
descenso a nado, sen apoio de ningún mecanismo de axuda á propulsión ou
respiración, que percorrerá o último tramo do río Tambre, dándolle unha volta
completa á coñecida como Illa da Meán. Tanto a saída como a chegada terán lugar
desde as instalacións da Escola de Piragüismo e Tríatlon de Outes, en Ponte
Nafonso. A distancia a percorrer é de aproximadamente 3.800 m. Haberá
acompañamento de embarcacións de apoio.
A SAÍDA dende a Escola de Piragüismo e Tríatlon de Outes producirase
ás 12:00, coa finalidade de optimizar o uso tanto da chea como das
correntes do río.
A entrega dos DORSAIS terá lugar na Escola de Piragüismo e
Tríatlon de Outes, Ponte Nafonso, o mesmo día da proba, entre as 11:00 e as
11:45 horas. Tódalas persoas participantes deberán presentar un documento de
identificación válido para poder recoller o dorsal.
Poderá PARTICIPAR calquera persoa que cumpra 14 ou máis anos
durante o ano 2026 e declare responsablemente ter capacidade e experiencia
suficientes para realizar o percorrido en probas similares. O límite de idade
para poder participar na proba establécese nos 75 anos cumpridos.
Será OBRIGATORIO o uso de boia, lentes
de natación e gorro de baño (utilizarase o facilitado pola organización).
O uso de neopreno NON é obrigatorio.
Haberá ademáis unha PROBA INFANTIL, para participantes con
idades comprendidas entre os 8 e os 13 anos (nacidos entre o 2013 e o 2018).
Esta PROBA consistirá nun descenso a nado, sen apoio de ningún mecanismo
de axuda á propulsión ou respiración, que percorrerá o último tramo do río
Tambre, dende a rampla situada xunto ao bar CARTUCHO, ata as instalacións da
Escola de Piragüismo e Tríatlon de Outes, en Ponte Nafonso. A distancia a
percorrer será de aproximadamente 400 metros, e terá carácter NON
COMPETITIVO.
Nesta proba INFANTIL @s participantes
deberán contar cun permiso d@s tutor@s legais no que autorice a participación
d@ menor na proba, e declare responsablemente que est@ ten capacidade e
experiencia suficientes para realizar o percorrido.
Será tamén OBRIGATORIO o uso de lentes
de natación e gorro de baño (utilizarase o facilitado pola organización).
O uso de neopreno NON é obrigatorio.
A saída da PROBA INFANTIL realizarase desde a rampla do CARTUCHO ás 14:00
(hora aproximada, dependendo do desenvolvemento da proba absoluta). Esta proba
infantil contará así mesmo con acompañamento de embarcacións de apoio.
As INSCRICIÓNS
poderanse realizar entre o 15 de xuño e as 23:59 horas do 5 de agosto, na
páxina web www.321go.es . O prezo da
inscrición na proba absoluta é de 25 euros e inclúe seguro de
accidentes, gorro e
avituallamento á chegada.
No caso da proba INFANTIL,
o custe será de 8 euros.
No momento da inscrición todas as persoas aceptarán
que:
1.
A inscrición é persoal e
intransferible.
2.
A súa imaxe e nome se poida
utilizar nos medios de comunicación e redes sociais para difundir a celebración
e os resultados da proba e para promocionar vindeiras edicións.
3.
Coidarán o medio ambiente.
4.
Coñecen e aceptan esta
normativa.
5.
Seguirán en todo momento as
indicacións da organización.
6.
Se cambie a hora, ruta, data ou
cancele definitivamente a proba se concorren circunstancias que o requiran. En
caso de cancelación definitiva, NON se devolverá a cota de inscrición .
PREMIOS: entregarase un agasallo conmemorativo do IV Descenso a nado do río
Tambre ás tres primeiras nadadoras e aos tres primeiros nadadores. A entrega
realizarase na zona de chegada, nunca antes de que todas as persoas
participantes cheguen á meta.
Haberá ademáis
agasallos para @s participantes de menor e de maior idade que participen na
proba absoluta. Tod@s @s participantes na proba infantil recibirán un agasallo
conmemorativo.
ABANDONAMENTO: Se unha persoa está mal e considera que non pode continuar o descenso,
moverá un ou os dous brazos por riba da súa cabeza como sinal de socorro. En
primeira instancia, recibirá o apoio da persoa da organización ou da
embarcación máis próxima que lle acompañará ata que chegue o medio de
evacuación adecuado. As persoas responsables da organización están autorizadas
a promover a evacuación dunha persoa participante se, ao seu xuízo, non está en
condicións de realizar a proba. En ningún caso será obrigada a retirada se se
cumpren dúas condicións: 1) o desexo expreso da persoa participante de
continuar, 2) que o tempo empregado non supere o triplo do tempo
empregado pola primeira persoa participante que pasou polo mesmo punto.
Informations supplémentaires
L’organisateur n’a fourni aucune information supplémentaire pour cet événement.