IV Descenso a nado río Tambre

08 agosto, 2026 en Escola de Piragüismo Outes

PROBA ABSOLUTA
  • Data de inicio: 08 agosto, 2026 - 12:15
  • Prezo: 25.00€
  • Lonxitude: 4800 metros
  • Inscritos: 42 de 100
  • Peche de inscricións: En 10 días (05 agosto, 2026 - 23:59, ou ata esgotar prazas)

Inscríbete xa, prazas limitadas!
42% inscritos
PROBA INFANTIL
  • Data de inicio: 08 agosto, 2026 - 14:00
  • Prezo: 08.00€
  • Lonxitude: 400 metros
  • Inscritos: 15 de 50
  • Peche de inscricións: En 10 días (05 agosto, 2026 - 23:59, ou ata esgotar prazas)

Inscríbete xa, prazas limitadas!
30% inscritos
Axuda a participantes

Descrición

ORGANIZADO pola Escola de Piragüismo e Tríatlon de Outes e @s Fanequiñas, e coa colaboración do concello de Noia, concello de Outes, Protección Civil de Noia e Protección Civil de Outes.

A PROBA realizarase nas augas do río Tambre. Consistirá nun descenso a nado, sen apoio de ningún mecanismo de axuda á propulsión ou respiración, que percorrerá o último tramo do río Tambre, dándolle unha volta completa á coñecida como Illa da Meán. Tanto a saída como a chegada terán lugar desde as instalacións da Escola de Piragüismo e Tríatlon de Outes, en Ponte Nafonso. A distancia a percorrer é de aproximadamente 3.800 m. Haberá acompañamento de embarcacións de apoio.

A SAÍDA dende a Escola de Piragüismo e Tríatlon de Outes producirase ás 12:00, coa finalidade de optimizar o uso tanto da chea como das correntes do río.

A entrega dos DORSAIS terá lugar na Escola de Piragüismo e Tríatlon de Outes, Ponte Nafonso, o mesmo día da proba, entre as 11:00 e as 11:45 horas. Tódalas persoas participantes deberán presentar un documento de identificación válido para poder recoller o dorsal.                                                                                                                                                            

Poderá PARTICIPAR calquera persoa que cumpra 14 ou máis anos durante o ano 2026 e declare responsablemente ter capacidade e experiencia suficientes para realizar o percorrido en probas similares. O límite de idade para poder participar na proba establécese nos 75 anos cumpridos.

Será OBRIGATORIO o uso de boia, lentes de natación e gorro de baño (utilizarase o facilitado pola organización). O uso de neopreno NON é obrigatorio.

Haberá ademáis unha PROBA INFANTIL, para participantes con idades comprendidas entre os 8 e os 13 anos (nacidos entre o 2013 e o 2018). Esta PROBA consistirá nun descenso a nado, sen apoio de ningún mecanismo de axuda á propulsión ou respiración, que percorrerá o último tramo do río Tambre, dende a rampla situada xunto ao bar CARTUCHO, ata as instalacións da Escola de Piragüismo e Tríatlon de Outes, en Ponte Nafonso. A distancia a percorrer será de aproximadamente 400 metros, e terá carácter NON COMPETITIVO.

Nesta proba INFANTIL @s participantes deberán contar cun permiso d@s tutor@s legais no que autorice a participación d@ menor na proba, e declare responsablemente que est@ ten capacidade e experiencia suficientes para realizar o percorrido.

Será tamén OBRIGATORIO o uso de lentes de natación e gorro de baño (utilizarase o facilitado pola organización). O uso de neopreno NON é obrigatorio.

                                                                                                                                                                         

A saída da PROBA INFANTIL realizarase desde a rampla do CARTUCHO ás 14:00 (hora aproximada, dependendo do desenvolvemento da proba absoluta). Esta proba infantil contará así mesmo con acompañamento de embarcacións de apoio.

As INSCRICIÓNS poderanse realizar entre o 15 de xuño e as 23:59 horas do 5 de agosto, na páxina web www.321go.es . O prezo da inscrición na proba absoluta é de 25 euros e inclúe seguro de accidentes,  gorro e avituallamento á chegada.

No caso da proba INFANTIL, o custe será de 8 euros.

No momento da inscrición todas as persoas aceptarán que:                                                                                                                                       

       1.            A inscrición é persoal e intransferible.

       2.            A súa imaxe e nome se poida utilizar nos medios de comunicación e redes sociais para difundir a celebración e os resultados da proba e para promocionar vindeiras edicións.

       3.            Coidarán o medio ambiente.

       4.            Coñecen e aceptan esta normativa.                                                                                                                                      

       5.            Seguirán en todo momento as indicacións da organización.

       6.            Se cambie a hora, ruta, data ou cancele definitivamente a proba se concorren circunstancias que o requiran. En caso de cancelación definitiva, NON se devolverá a cota de inscrición .

PREMIOS: entregarase un agasallo conmemorativo do IV Descenso a nado do río Tambre ás tres primeiras nadadoras e aos tres primeiros nadadores. A entrega realizarase na zona de chegada, nunca antes de que todas as persoas participantes cheguen á meta.

Haberá ademáis agasallos para @s participantes de menor e de maior idade que participen na proba absoluta. Tod@s @s participantes na proba infantil recibirán un agasallo conmemorativo.

ABANDONAMENTO: Se unha persoa está mal e considera que non pode continuar o descenso, moverá un ou os dous brazos por riba da súa cabeza como sinal de socorro. En primeira instancia, recibirá o apoio da persoa da organización ou da embarcación máis próxima que lle acompañará ata que chegue o medio de evacuación adecuado. As persoas responsables da organización están autorizadas a promover a evacuación dunha persoa participante se, ao seu xuízo, non está en condicións de realizar a proba. En ningún caso será obrigada a retirada se se cumpren dúas condicións: 1) o desexo expreso da persoa participante de continuar, 2) que o tempo empregado non supere o triplo do tempo empregado pola primeira persoa participante que pasou polo mesmo punto.


Información adicional

O organizador non proporcionou ningunha información adicional para o evento.


Arquivos adxuntos

Descargar regulamento
Como chegar ao evento?